Lei de Murphy:¿cees que as torradas caen sempre polo lado da manteiga?
Na clase de Ámbito Científico Tecnoloxico fixemos un experimento para comprobar a teoría da lei de Murphi.Ah!Que non coñecedes de que vai esta lei? Pois tratase dunha lei que di que todo o que ten que sair mal sairá. O experimento fixémolo no laboratorio do instituto. Este consistiu en tostar 40 rebanadas de pan de molde nunca tostadora(a que utilizamos case todos na casa).Cando xa estaban listas as tostadas collemos 20 tostadas e untámolas con manteiga.As outras 20 deixamolas sen untar e marcámolas por unha cara cunha raía de rotulador vermello. Cando xa estaban preparadas todas as tostadas colocámolas no borde dunha mesa e fómolas tirando unha a unha.Os datos fomolos anotando nunha táboa.
Tamen as tiramos dende unha venta e anotamolos resultados na taboa anterior
Material e métodos empregados
Material:
1 tarrina de mantenga.
2 paquetes de pan de molde.
2 coitelos pequenos para untala manteiga.
1tostadora.
1 rotulador vermello
1rotulador negro
Papeis de cociña
Papeis de periódico
Métodos:
1.Collemos os 2 paquetes de pan de molde e fomos tostando as rebanadas de pan nunha tostadora.
2.Cando xa estaban listas as tostadas, collemos 20 tostadase untamolas con manteiga por unha das suas caras.
3.Collemos as outras 20 e marcamolas cunha raia de rotulador vermello.
4.Collemos as que tiñan mantenga e fomolas tirando dende o borde dunha mesa.Estas caian polo seu propio peso
5.Collemos as outras 20 e fixemolo mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario